Segunda Edición

Unha busca de tesouros pola cidade de Vigo naque as xoias son las mulleres que fan arte e o comercio local

Artistasé un proxecto que naceu no seo do Festival Nun Local, buscando facer visible o traballo das mulleres en diversos ámbitos creativos: dramaturxia, literatura, música etc. Unha serie de debuxos asinados polo artista vigués Davida encheron as paredes dentro e fóra dos locais da cidade de Vigo.

Nesta segunda edición, o proxecto pretende estimular o eido cultural vigués no contexto actual da pandemia provocada pola COVID-19. O sector cultural está inmerso nunha profunda crise e cómpre reinventarse. Xa que logo, a II Ruta das Artistas, busca animar á xente a saír á rúa, a explorar a cidade, a moverse polos barrios. 21 obras repartidas por 6 barrios de Vigo, algunhas no exterior, outras dentro de bares, tendas eoutros locais do pequeno comercio.

Hai premio? Á parte de ter unha escusa perfecta para ver a propia cidade con outros ollos, saír á rúa descubrir os barrios? As primeiras persoas en encontrar e fotografar todas las obras recibirán una copia del libro Artistas. Quen saque fotos de calquera das obras entra nun sorteo para gañar láminas con reproducións dos debuxos desta singular exposición.

  • A actividade botou a andar o luns [5 de outubro de 2020]
  • As pistas para encontrar as localizacións das artistas serán dadas a través das redes sociais da revista A Movida.
  • Empezando polo barrio de Casablanca, cada semana corresponderá a unha zona diferente: As Travesas, Balaídos, Bouzas, Casco Vello…
Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: