O Proxecto

Artistas é proxecto de xénero nado en Festival Nun Local e coordinado por Edward Morgan e Davida que busca visibilidazar o traballo da muller nos diversos eidos artísticos: música, literatura, artes escénicas, deseño gráfico, fotografía etc.
Artistas é un percorrido polas actuacións femininas máis destacadas do festival.
Festival nun Local foi un evento multidisciplinar que se celebraba anualmente na cidade de Vigo. As súas principais características son a gratuidade de todas as actuacións e a súa celebración dentro de locais de diversa índole.
O traballo está centrado en fotografías tomadas durante as actuacións que deron como resultado un total de 34 ilustracións. Para que o traballo feito acadase unha maior difusión e repercusión na cidade de Vigo iniciamos unha campaña de colado das ilustracións acompañadas dun código Qr que dirixía a material audiovisual relacionado con cada unha das artistas representadas.

Na súa segunda edición, o proxecto pretende estimular o eido cultural vigués no contexto actual da pandemia provocada pola COVID-19. Xa que logo, a II #RutaDasArtistas, busca animar á xente a saír á rúa, a explorar a cidade, a moverse polos barrios. 21 obras repartidas por 6 barrios de Vigo, algunhas no exterior, outras dentro de bares, tendas e outros locais do pequeno comercio.

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: