As Astistas

1º Edición
Fotos: Paula Cermeño e Olalla Rodriguez.

Ailén Kendelman 
Ailén é actriz música, e forma parte do da compañía teatral A Panaderia e o Conxunto Internacional Áureas, un grupo de mulleres que fan música dos anos vinte. Nesta agrupación, que mestura música e teatro, encárgase de percusión, violín e voces. Na ilustración aparece caracterizada de Bertha Lutz, unha famosa activista e sufraxista brasileira. 

Anabel Budiño
É actriz na compañia Moito Morro
Facebook

Anna Canadillas
Formouse en diferentes estilos e métodos nas escolas de teatro Municipal de Vigo e Studis de teatre en Barcelona onde se especializou en teatro xestual.
Asistiu tamén a diferentes monográficos con mestres como Yoshi Oida e participou coma profesora de teatro en diferentes proxectos sociais no Centro Penitenciario de A Lama e na asociación Apamp con persoas con parálise cerebral, ademais imparte monográficos de máscara neutra.
Coma actriz creou diferentes espectáculos infantís a partir da adaptación de contos e o uso de
monicreques e obxectos, tamén formou parte de Cabaré de Titán e Menú vexetal.
Desde 2013, comeza a formar as súas propias compañías: “Madialeva Teatro” enfocada en crear teatro para público adulto e “O baúl da Tía Tola” especializada en espectáculos para bebés.
Participaron nos festivais de Vigo: Festival nun Local, 85C e Kerouac, con espectáculos propios e performances.

Antía Costas
Actriz, cómica e pandereteira
Creadora y actriz en @moitomorroteatro e #TeatrodeNingures. Monologista en @remolachaslibres
Facebook Instagram

ARiMagritte
É o son puro e doce dunha voz acompasada por unha guitarra. 
Cómpre deixarse levar por ese suave son para perderse nos seus surrealismos, as luces, as flores, nubes brancas en ceos azuis…
Unha música que é evasión e refuxio, bálsamo e orixe. 
O que escoitamos defínenos, vístenos, acompáñanos… Descobre o que contén o son ARiMagritte!

arimagritte.com | facebook | instagram

Azzizza
Profesora de danza
Facebook | Instagram

Bea Gea
Bea é alemá por casualidade, pero este dato para ela é determinante á hora de atravesar a vida. Desde nena apaixonáballe o teatro pero tiven que esperar ao ano 2009 para atoparse cara a cara con el, Historia de una Escalera e El Landó de 6 Caballos, foron os comezos. Máis tarde, entraría a formar parte no grupo que se convertería en Mistuart Teatro, alí traballei baixo a dirección de Chusa Couñago en guións coma Homes de Sergi Belbel e Tritanic, unha coidada e divertida comedia clown. 
Decidíu dar un paso máis e no ano 2011 ingresa na Escola Municipal de Teatro de Vigo, neste período traballa ás ordes de Leonel García Laborde e Eva Vila. Entre todos os traballos destaca Manipulación, unha obra coral de creación propia escollida para participar na edición do 2013 do Festival Alt de Vigo.
En paralelo a estes proxectos impúxose o nacemento da compañía Careco Teatro, especializada en microteatro e Fauna 113 (2016) das cales é co-fundadora, ambas as dúas continúan en en activo na actualidade.

Bea Heroínas
Guitarrista de Heroínas, banda formada cinco guayabas da cidade de Vigo, capital industrial da nación de Breogán. Enfundadas nos pelellos de rock, recuperan a auténtica voz do barrio sen renegar dos seus oríxes. Polas sás letras pasean con dignidade personajes dotras épocas que desentonarían nos bares de moda de hoxe en día. Son as peripecias de adolescentes rebeldes, travelos, punkis, heavys, en definitiva, suxeitos e suxeitas antisocias sempre metidos en movidas e sempre vivindo ó límite. Queens, Brooklin, O Calvario, Teis o Coia poñen o telón de fondo a estas historias xa lonxanas de rock e droga.

Beatriz Martínez
Estudou na ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional de Vigo)
E menbro das bandas Ghaveta e SondeSeu Orquestra Folk
Facebook

Beehive
Grupo formado por dos bailarinas de la danza hip hop con influencias de la cultura africana y contemporánea y una voz proveniente del soul y reggae.
Los mensajes que rodean nuestros proyectos son musicales y sociales.
El arte es el medio de comunicación alternativo a toda la tormenta de noticias y contaminación mediática que nos rodea la mayor parte de nuestro tiempo. Beehive está aquí para luchar contra ello y poner algo de sensibilidad.
Miembros:
Marcia Vázquez
Eva Comesaña
Paula Herrero- High Paw

Facebook

Clara Ferrao
Comezou os seus estudos de danza na “Escuela de danza Hannelore y Deborah”, en Vigo. Formándose despois na Royal Academy of Dancing. Continuou os seus estudos en Madrid, na academia de Víctor Ullate, momento no que comezará a coñecer a danza contemporánea na academia “Carmen Senra” da man de Ángela Rodríguez, Chevi Muraday, Nuria Jiménez, Joaquín López e Nicolás Rambaud. Posteriormente, ingresa no “Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma”.
Con respecto á súa experiencia profesional como bailarina, cabe salientar a súa participación en eventos coa Fura dels Baus; o ciclo de concertos do Claustro Gótico da Catedral de Tui e o musical Galicia Canibal.
Tamén destaca o seu papel como coreógrafa e bailarina en distintas creacións: Piedra sobre el agua; Ensaio Amor (galardoada no 30 Certame Coreográfico de Madrid) e Pies de plomo (galardoada no Certame de Artes do Corpo e no Certame Coreográfico Distrito de Tetuán).
Actualmente, compaxina a súa traxectoria profesional como bailarina coa da ensinanza impartindo clases regulares, obradoiros e jams en diferentes centros de Galicia, presidindo a Asociación de Danza de Gondomar e organizando eventos como “Gondomar en contacto” e “Movémonos”.

Web | Facebook | Instagram

Equa Esemble
Quinteto de vento

Grupo F
Grupo F xorde da necesidade de dar unha nova vida, fóra do papel, á poesía.
“Campo de Batalla” é o resultado do traballo conxunto nunha serie de textos de Saramago traducidos e adaptados por Nuria Vil e Vanessa Glemsel.
45 minutos de poesía + danza + violencia que buscan abrir fronteiras, remover conciencias e amosar a irmandade corpo e voz entre catro mulleres nun mesmo espazo.

Idea orixinal: Eva Comesaña, Vanessa Glemsel, Marcia Vázquez e Nuria Vil.

Laura Vila 
Compatibiliza o seu traballo de enfermeira coa música, na que empezou desde ben nova a través do baile tradicional. Estudou gaita no Conservatorio Profesional de Música, ademais de dominar instrumentos como o bombo, a pandeireta ou o tambor.
Membro de Maraghotas.

Leticia González
É unha das pandereteiras máis reciñecidas del folklore asturiano. Formou parte de diversos colectivos de investigación etnográfica e de cultura tradicional de entre os que destaca o Conceyu de Cultura Tradicional Vezos Astures. Foio membro de grupos como Menaxatruá o Trovando Trío e tamén formou parte da xunta directiva da Asociación de Música Tradicional “Muyeres”. Nos últimos anos leva a pandereta asturiana a outros estilos musicales, colaborando con formacions como Lorena Álvarez, Losone, Pablo und Destruktion ou L-R

Web | Facebook | Instagram

Lisa Silva
Percusionista en Aberlardo y su farfana

Lucía Nocas
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos.
Colabora con poemas en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, O Ollo Público, Escrita Contemporánea e Ligeia. Participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta (Universidade de Salamanca), nas xornadas de Poesía da Fundación Alberti e no V Ecnontro de Novos/as Escritores da AELG.

Obra: Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001), Neve (Espiral Maior, 2010), e Cervatos (Kalandraka, 2017).

Premios: Premio Minerva de poesía en 1996 e 1997, Premio da Universidade de Vigo de poesía no 2000, Faustino Rey Romero no 2000, Premio de poesía Concello de Carral no 2000 e Premio Johán Carballeira no 2009.

Macarena Montesino
Violoncellista, artista sonora e plástica comeza a súa carreira musical no Conservatorio de Vigo a unha idade moi temperá. Máis adiante empezará a profundar noutras linguaxes musicais como o jazz ou a improvisación libre. As súas intensas inquedanzas artísticas lévana a graduarse en Belas Artes, a realizar o Máster de Arte Contemporánea, Investigación e Creación pola Universidade de Vigo.
Colaborou con orquestras clásicas, agrupacións de jazz e improvisación libre. Membro da Orquéstraa OMEGa, da Orquestra Metamovida, e pertencente ao colectivo H.A. L.O. tamén é unha das extremidades do cuarteto de corda Adoitan Estar Quartet, do dúo 23 RedAnts e 16mm e Planteta Theremin.
A día de hoxe ten decenas de discos publicados en selos europeos e americanos.

Facebook | Instagram | BandCamp

Margarida Mariño
Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Liceo de Barcelona, ten formado parte de diversas agrupacións coma a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), o Ensemble Galería, Orquestra Ressonnance (Suíza), ou La Vía del Concerti (Italia) entre outras. A súa exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello lévana a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, coma o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, a música espontánea, onde profundiza a través de colectivos de improvisación libre coma o SPIL e as Sesións HALO, ou as músicas do mundo e tradicionais con formacións coma o dúo Treme (premio á mellor banda galega no Certame MúsicaXove 2015) ou o proxecto que mantén co multiinstrumentista Fernando Barroso.
A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para cello e pedais de efectos/loops cos que logra crear únicas e sorprendentes texturas e complexas orquestacións que dan lugar a un estilo moi personal no que xéneros tan aparentemente diverxentes coma o Post-Rock, o Trip-Hop ou a música clásica vibran cunha soa voz.

Web | Facebook | Instagram

María Pascuala
Pascuala pola avoa e as mulleres bravas da súa familia. No seu repertorio sempre a mestura da risa e o pranto como catarse para expirar as pantasmas e debuxar a cor do futuro.
Chavela Vargas como inspiración.
María Pascuala nace como artista na primeira edición do Festival Nun Local, vibrando coa estremecedora poesía de Patricia Meira. A partir dese momento, actuará en varios escenarios.
María Pascuala gusta de facer sentir ao público emoción e sentimento, guitarra e voz.

Mounqup
Nacida en Francia e galega de adopción, alcumada a ” Björk galega” móvese nun territorio híbrido entre o jazz, a electrónica e o folk. 

Facebook | Instagram

Najla Shami
Cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina. Interesada pola música desde a infancia, comeza a estudar e cantar con 9 anos.
En 1997 decide estudar Música moderna e Educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países como Noruega, EUA, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España.
Entre 2003 e 2011 colabora na publicación de diversos traballos: The past to come, coa banda de acid-jazz Cinnamon Gum; Ben Deitei, coa Safari Orquestra; e Haikus, con Lobalú, entre outros.
En 2012 colabora co multiinstrumentista Sérgio Tannus no álbum Son Brasilego, a gravación do libro-disco e documental CoraSons e a participación en festivais como “Estou Lá, Festival da Lusofonía” ou “Terra da Fraternidade, Homenaxe a Zeca Afonso”.
2013 é o ano da súa estrea en solitario, o libro-disco Na lingua que eu falo, no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro.
En 2020 publica “Ela sabe a Sal”

Web | Facebook | Instagram

Nuria Sotelo
Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicos e impulsora da compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo.
Ligada á danza desde a súa infancia a través do ballet, continúa coa súa formación en danza contemporánea, ioga, danza butoh, teatro e voz nas Aulas de Danza e Teatro de las Universidades de Santiago de Compostela e Ourense, así como en workshops internacionais.
Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro: Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro.

Premios:
Certamen Coreográfico de Madrid 2017: premiada como coreógrafa pola peza Ensaio amor.
Premio de interpretación Maruja Villanueva 2017 do Concello de Padrón.
Actualmente, atópase inmersa no proxecto “A Casa Vella”, un espazo de residencia artística e infiltración social a través do corpo e o arte no rural alaricano.

Web

Palito
Cantautora neoanarquistamusical
Web | Facebok

Paula Gonzalez
É poeta e profesora de lingua e literatura galega de secundaria. Amante da poesía desde ben nova, leva publicados tres poemarios, varios premios gañados cos seus versos e participou en diversos volumes colectivos. No Festival participou como membro do colectivo Alter Ego

Sandra Piñeiro
É profesora de guitarra. Da concertos, normalmente en solitario. Comezou a tocar a guitarra aos 14 anos de xeito autodidacta e leva actuando en directo desde 2017, especialmente na súa vila natal, Cangas, e nos seus arredores.

Facebook | Instagram

Sara Bonner
Compatibiliza a música co seu traballo dando clases de inglés. Leva toda a vida tocando en grupos ou como solista. No Festival Nun Local participou coa banda Na Rúa, da que é violinista e vocalista.

Sarah Jane
Cantante en Hot Air Ballom
Web | Facebook

Sheila Patricia
É unha artista emerxente galega con fortes influencias da música popular e os ritmos afroamericanos.
Filla da súa época, o que se percibe nos toques máis modernos que conflúen nun estilo propio, moi particular. Tradición e vangarda.
O seu primeiro traballo veu a luz o pasado maio de 2017. Un disco en directo, con influencias jazz e gravado integramente en directo en PKO Estudios en Madrid xunto a Gabriel Peso na produción e Caco Regojo na parte técnica.
Actualmente, Sheila está a traballar na recollida de músicas en vilas de Galicia, músicas de mulleres ou cantadas por mulleres, á vez que crea as súas composicións arredor destas donas que vai coñecendo nas súas viaxes. Este traballo presentarase por primeira vez no Teatro Principal de Pontevedra o 8 de Marzo de 2019.

Web | Facebook | Instagram

Soraya Paradela
Formouse en interpretación e diversos estilos de danza en diferentes escolas como A Artística (Vigo) e Ladinamo (Madrid), asistindo tanto a cursos regulares como a monográficos.
Como actriz traballou en diversas obras de teatro (As bruxas de Salem, Aladín perdido na Galiza, Menú vexetal, Mac, yes we can…), en proxectos audiovisuais (curtametraxes, longametraxes e spots publicitarios) e formou parte do Cabaré de Titán como intérprete e creadora.
Tilin Tiloina
Como docente imparte clases de Improvisación teatral e Ciencias para todas as idades e realiza obradoiros con cativos.

Su Garrido Pombo
Estudou Guitarra no Conservatorio Mayeusis de Vigo (1992-2000) e na Universidade de Santiago de Compostela Historia da arte (2000-2003) e Musicoloxía (2003-2007).
No 2007 acada 2º posto no concurso internacional de música MAPFRE “Vive para cumplirlo International Music Competition” co seu tema Linda. Tamén obtén o 4º posto polo seu tema Extraña María. Ademais, tamén no 2007 3º posto no concurso Gz crea. Nese mesmo ano edita o seu álbum debut, Sonhos, presentado en Radio 3 no programa Discópolis.
No 2012 trasládase a Dublín e comeza a súa carreira en solitario
Máis tarde, no 2015 forma o grupo TREME e conseguen o 1º Premio no concurso MusicaXove 15 ao mellor grupo novo galego.
No 2018 forma parte de Son trío co que son nominadas aos premios Martín Códax da música galega. Neste mesmo ano 2018, grava o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí.

Web | Facebook




2º Edicion
Fotos Edward Morgan




Adelfas
Adelfas inspírase no disco Omega de Enrique Morente e Lagartija Nick no que se mestura flamenco e rock. Omega, última letra do alfabeto grego é o final. A morte. Na peza convive a simboloxía de Lorca, os textos propios co teatro, a danza e os patróns repetitivos do cotián.

Eva Comesaña
Bailarina, profesional dende o 2012. Formada en danza urbana, contemporánea y africana. Fai  parte de 85C, colectivo que pretende visibilizar o traballo das mulleres artistas na cidade de Vigo

Rosa Vázquez
Actriz formada na ESAD de Córdoba e Vigo. Especializada en teatro xestual. 



Beatriz Blanco (Tiberevi)
Acordeonista. Iniciouse no mundo da música aos 35 anos de xeito autodidacta co método do acordeonista francés Alain Penec, logo de que o seu irmán Xabier Blanco lle espertara a curiosidade polo acordeón diatónico. Máis tarde comezou a recibir aulas de repertorio tradicional na A.M.T. Follas Novas con Alexandre Cadarso, dende o 2008 a súa formación instrumental e musical descorre da man de Pedro Pascual,  quen a achegou ao eido da harmonía contemporánea. Participou, ademais, en diversos obradoiros con Alain Pennec, Artur Fernandes ou Sophie Cavez. Impartiu aulas de acordeón diátonico na A.M.T Follas Novas durante catro anos.






Carmen Rosende
Cantante. Estudou jazz e música moderna na Escola Estudio de Santiago e cursou un mestrado internacional en vocal coaching na Escola de Patoloxía da Linguaxe en Barcelona. Recibiu numerosos cursos de voz e movemento con profesores americanos coma Bob Stoloff.
Cantou en distintas formacións de jazz e soul. No 2014  funda a súa propia compañía de teatro musical coa que representou tres obras orixinais, a ano seguinte (2015) faise cargo do coro Elasong de voces femininas composto, actualmente, por máis de 30 integrantes,  nese  mesmo ano constitúe a súa escola de música“Carmen Rosende vocal coach”, especializada en canto, e na que imparte clases de técnica vocal.
Na actualidade, canta en distintas formacións e no seu proxecto persoal My Red Cougar, un espectáculo musical con toques de teatro, poesía e baile.

Facebook





Clara Ferrao
Comezou os seus estudos de danza na “Escuela de danza Hannelore y Deborah”, en Vigo. Formándose despois na Royal Academy of Dancing. Continuou os seus estudos en Madrid, na academia de Víctor Ullate, momento no que comezará a coñecer a danza contemporánea na academia “Carmen Senra” da man de Ángela Rodríguez, Chevi Muraday, Nuria Jiménez, Joaquín López e Nicolás Rambaud. Posteriormente, ingresa no “Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma”.
Con respecto á súa experiencia profesional como bailarina, cabe salientar a súa participación en eventos coa Fura dels Baus; o ciclo de concertos do Claustro Gótico da Catedral de Tui e o musical Galicia Canibal.
Tamén destaca o seu papel como coreógrafa e bailarina en distintas creacións: Piedra sobre el agua; Ensaio Amor (galardoada no 30 Certame Coreográfico de Madrid) e Pies de plomo (galardoada no Certame de Artes do Corpo e no Certame Coreográfico Distrito de Tetuán).
Actualmente, compaxina a súa traxectoria profesional como bailarina coa da ensinanza impartindo clases regulares, obradoiros e jams en diferentes centros de Galicia, presidindo a Asociación de Danza de Gondomar e organizando eventos como “Gondomar en contacto” e “Movémonos”.

Web Facebook Instagram



Constance Hurlé
Artista multidisciplinar. Licenciada en filoloxía clásica pola Universidade de Santiago de Compostela e titulada no mestrado en estudos do teatro pola Universidade Autónoma de Barcelona. Formouse, tamén, en teatro e danza.
No 2013, dirixiu o grupo de teatro universitario Espíritu Áspero coa produción de Nefelococigia.  Estrea o seu  primeiro proxecto poético-musical,  A mazá de Rosalía, no 2016. No 2017, publica o seu primeiro poemario b/i/c//m.o.r.d.i.d.o. coa editorial Carena e preséntao coa performance bic in progre[s] acompañada polo guitarrista e compositor Rui Grenha. No 2018, preséntase en solitario como performer e participa no Festival Keruoac e no FNL en Vigo.
Colaborou e colabora en distintos proxectos como actriz, poeta e performer, entre os que destaca Sinerxias, grupo de improvisación artística interdisciplinaria. Na actualidade, dirixe o novo proxecto poético- musical hacialaluz: poesía, sonido, imagen.

Facebook | Instagram | Web





Claudia Abril (Dadga)
Voz solista, percusión e violín. A súa andaina na música folk comezou no Sierra Fiddle Camp de California, cursou estudos de violín folk na ETRAD onde, actualmente, fórmase en canto e pandeireta. Estuda, ademais, o Grao en Música da Universidade de la Rioja (UNIR). Ten colaborado como cantante en varias xiras internacionais (Escocia, China, Costa Rica ou México) do violinista galego Alfonso Franco e da Galicia Fiddle Orquestra.

Facebook



Cora Velasco
Tras varios anos como Cora Sayers, a músico pontevedresa decide dar un xiro á súa carreira, empezando por adoptar o seu nome propio. Publica o seu primeiro álbum en decembro de 2018 baixo o título de ” Sortilegios” e preséntao en febreiro do ano seguinte en Disco Grande, xunto a Julio Ruiz. Estas 7 cancións lévana ao Teatro Principal de Pontevedra, a telonear a Luz Casal na Festa do Albariño de Cambados e a festivais como Portamérica, 17º Ribeira Sacra, Festival da Luz e Solpores do Museo con Joe Crepúsculo.
A finais de agosto estrea o seu novo single, “Ollos novos” (gravado no estudo do Náutico de San Vicente, dentro das Sesións Náuticas) unha vez máis da man de Julio en Disco Grande. Actualmente atópase preparando unha xira de presentación de ” Sortilegios” por salas de Galicia, mentres segue compoñendo con vistas a un novo álbum.

Instagram





Katerina Linke (Son Trio)
Nacida en Rusia, viviu e traballou en diferentes cidades e países como Rusia (Kazán, San Petersburgo, entre outras), Xapón ou Portugal. Dende 2009 vive en Galicia, Vigo, onde desenvolve a súa actividade artística. A súa música baseada na tradición europea clásica navega entre os estilos impresionismo tardío, jazz e minimalismo. Compón cancións, música de cámara, música para piano, orquestra, etc.; as súas pezas transmiten emocións con sinceridade e profundidade debuxando ambientes sutís, fráxiles, ás veces escuros pero sempre cheos de esperanza e poesía.
Katerina colaborou en numerosas curtametraxes, animacións e proxectos audiovisuais, completando a linguaxe cinematográfica coa súa música. Como pianista Katerina interpreta nos recitais as súas propias composicións, música de cine, ou arranxos de cancións. Tamén ten ampla experiencia en música de cámara con instrumentos de corda e vento. En 2016 editou o libro de partituras Melodías en blanco y negro.
En 2017 Katerina formou un grupo Son Trío, que interpreta cancións coas letras de poetas galegos e a súa música orixinal. O trío foi galardoado en varias ocasións polo seu nivel de composición e
interpretación.

Facebook | Instagram





Katia Mera (Ukestra do Medio)
“Picheleira de nascimento, toco o ukulele e canto na Ukestra do Medio desde os seus começos no ano 2013. Durante muitos anos trabalhei no Bar-Tolo e desde finais de 2016 formo parte da equipa de Legumia, tenda de alimentaçom a granel na zona vella da cidade. Também colaboro no selo discográfico independente Lixo Urbano desde os seus inícios, e ultimamente animei-me a aprender a tocar a pandeireta e canto tradicional na Associaçom Cultural Gentalha do Pichel.”

Instagram







María Jorge Bastos
Violín. Cursou estudos de violín folk na ETRAD .Cursa o Grao Superior de Pedagoxía Musical no CSM de Vigo. Durante a súa carreira participou en diversas formacións como Keltia, O Musical ou DADGA. Actualmente, é violinista na Orquestra Folk SondeSeu, no trío Caldo, fundado en 2018 xunto a Pedro Fariñas e no Xisco Feijoo Trío.

Instragram





Magadalena Gamallo (Os Meninhos)
A música e o canto estiveron sempre presentes na súa vida, dende ben pequena. No ano 2015 inicia a súa formación en técnica vocal co contratenor e profesor, Ramón María Vázquez García na escola de música Atempo (Pontevedra). É nese mesmo ano cando se une ao proxecto Nota Bene. Con este proxecto estréase profesionalmente ao longo de dous anos. Nese mesmo tempo, únese ao coro Vía Sete de Pontevedra.
No ano 2016 forma a banda musical “Os Meninos”, xunto cos guitarras Roberto Marqués e Iván Barreiro. Neste proxecto continúa o seu desenvolvemento artístico, nos palcos de salas como na Arca da Noe ou Artábria. E tamén en festivais como Festival nun Local, Canteira Fest e no Festival internacional da lusofonía Cantos na Maré. No 2019 intégrase na formación o contrabaixista e guitarra Bieito Álvarez. E en formato cuarteto estréanse en Portugal, na Feira do Alvarinho de Monção.

Facebook | Instagram



Marina Carpente (Dadga)
Violín. Comezou os seus estudos musicais no conservatorio, con formación clásica. Na actualidade, continúa a súa formación folk na ETRAD de Vigo. Participa habitualmente en masterclasses con figuras do fiddle e folk internacional coma Alasdair Fraser, Natalie Haas ou Cassey Driesen. Integrante da Orquesta Folk Sondeseu.

Facabook



Maguinha Margaça
Margarita Quintela Baluja, música e educadora ambiental; como boa compostelana, a súa traxectoria musical comenzou tocando a bandurria nas tunas infantiles de Santiago nos anos 80. Realiza estudos profesionáis de Violoncello e Guitarra Clásica, nos que se titula nos Conservatorios de Santiago e Arzúa. Realiza tamén estudos profesionáis de Canto Lírico e Flauta Traveseira nos Conservatorios de Arzúa e Melide. No ámbito da música tradicional completa a súa formación en Percusión e Canto Tradicional, na Etrad e na Central Folque, ademáis de participar en cursos e obradoiros monográficos impartidos por músicos do país.
A súa traxectoria profesional está orientada as músicas lusófonas: forma parte da banda Alberto Mvundi (música de raíz angolana) como baixista, charango e segunda voz, ademáis de outros instrumentos da tradición africana com kisange ou mbirimbao e participa no proxecto do harmonicista e compositor galego Xico de Cariño (música lusófona e galega de autor), como baixista e vocalista.

Facebook




Patricia Meira
Estuda Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela e Educación Social na Uned. Sempre estivo vencellada ao mundo dos versos dende moi cedo como consumidora e lectora de poesía, colaborando activamente en diversas revistas e fanzines. En 2014 publica o seu primeiro poemarioNo ahogar Pescado ni comerlo sentimentalmentee en 2016 colabora co libro A violencia dun sorriso do poeta indio ThamizhachiThangapandian. En Compostela e en Vigo estivo en contacto con diversos grupos e talleres literarios como Formas difusas ou 1009.

Combina a literatura co teatro desde 2009 na EMTV. É guionista e directora de Careco Teatro especializada en montaxes de microteatro e co-fundadora da compañía teatral Fauna 113

Facebook | Instagram






Paula Valluerca
Naceu en Vitoria, País Vasco. Alí comezou a subirse ao escenario e seguiu na Univeridad de Salamanca, onde pertencía ao grupo de teatro A Máscara. Deixou a carreira de filoloxía Inglesa en segundo ano e foi estudar Arte Dramática á Escola Navarra de Teatro. Despois, cursou un posgrao na London International School of Performing Arts especializándose en Creación de Teatro e Performance. Complementou os seus estudos con cursos de mestres da comedia como Phillipe Gaulier, Cal Mccrystal, Mick Barnfather, John Wright, Nicole Kehberger, Cesar Sarachu. A actriz vasca ten creando obras desde 2012, cando fundou a súa compañía internacional de teatro Intuitive Creatures. En solitario, creou shows como Madame Señorita. Tamén traballou como investigadora teatral e actriz; Compañía Malayerba (#Ecuador), Dream Epic Theatre( London), Simon Scardifield (Royal Shakespeare Company), English National Opera (Reino Unido) ou Fuso Negro (Compañía Nacional de Teatro Clásico, Teatro da Abadía).
Formou parte de obras educativas coa compañía Dreampark e Something Wicked Productions en colaboración co director Adam Morley e o Instituto Cervantes en Londres. Ademais traballou como produtora de variety nights e como crítica teatral na revista Pop Up Teatro, en Madrid.

Twitter | Instagram | Facebook






Sanny
Cantautora. A súa traxectoria en solitario comeza no ano 2012, aínda que iniciouse como letrista durante a  súa adolescencia, feito que co tempo convertiuse no eixo central da súa música con  fondas influencias de artistas do folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez ou Bruce Springsteen….
A música como ferramenta social,  no seu traballo trátase con frecuencia temas ligados ao emocional e ao íntimo, deste xeito explora os suxeitos das súas cancións, maioritariamente femininos, e as estruturas que rexen as súas vidas. No verán de 2019 gravou o seu primeiro EP.

Facebook | Instagram | Twitter






Sara Piñeiro (Ukestra do Medio)
Uninme á Ukestra do Medio a mediados de 2014 tras comezar a tocar o ukelele uns meses antes de xeito autodidacta. Na formación comecei co ukelele soprano e posteriormente como cantante e tocando o ukelele tenor.
En 2019 gradueime en Belas Artes pola Universidade de Vigo e actualmente atópome rematando o Máster en Dirección de Arte Publicitaria na mesma universidade. Cun pé en Pontevedra e outro en Compostela compaxino as actividades musicais con proxectos de producción artística, deseño e ilustración.

Instagram






Silvia Penas (Cinta Adhesiva)
Poeta. Licenciada en Filoloxía Galega, especialista en Literatura. Colabora como docente do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (Concello de Vigo), na área de spoken word, dada a súa traxectoria na poesía escénica. Como poeta foi galardoada en diversos certames como o premio de poesía da Universidade de Vigo 2005, co poema en cinco partes intitulado “Neste bosque”. En 2010 publica en coautoría con Elvira Riveiro, o poemario Biografía da multitude, premio Victoriano Taibo 2009. En abril de 2013 publica As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de poesía. Nese mesmo ano  publícanse As xeórxicas do pan, de Otero Pedrayo, do cal foi editora. 
Gañou o l Slam poetry Vigo e o I Slam Arousa. Foi seleccionada para participar no Gran Slam Internacional de Barcelona que se celebrou en marzo de 2013 e participou no Poetry Slam Nacional de Madrid dese mesmo ano. En 2015 publica Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, co que obtivo o premio Avelina Valladares.
En 2019 publica Fronteira Paraíso, que inclúe fotografías de Jesús Andrés Tejada, ademais lánzase ese mesmo ano o disco homónimo da formación Cintaadhesiva, proxecto do cal é cocreadora.
Cintaadhesiva encargouse tamén do espazo sonoro da peza teatral Sofía e as postsocráticas da compañía Inversa teatro. Silvia Penas participou na creación desta peza e forma parte do elenco.

Facebook | Instagram






Su Garrido Pombo (Son Trío)
Estudou Guitarra no Conservatorio Mayeusis de Vigo (1992-2000) e na Universidade de Santiago de Compostela Historia da arte (2000-2003) e Musicoloxía (2003-2007).
No 2007 acada 2º posto no concurso internacional de música MAPFRE “Vive para cumplirlo International Music Competition” co seu tema Linda. Tamén obtén o 4º posto polo seu tema Extraña María. Ademais, tamén no 2007 3º posto no concurso Gz crea. Nese mesmo ano edita o seu álbum debut, Sonhos, presentado en Radio 3 no programa Discópolis.
No 2012 trasládase a Dublín e comeza a súa carreira en solitario
Máis tarde, no 2015 forma o grupo TREME e conseguen o 1º Premio no concurso MusicaXove 15 ao mellor grupo novo galego.
No 2018 forma parte de Son trío

 co que son nominadas aos premios Martín Códax da música galega. Neste mesmo ano 2018, grava o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí.

Web Facebook






Susanna Blanco (Son Trío)
A súa infancia transcorre xogando entre lápices, madeira e arxila no obradoiro de escultura de
seu pai. Alí, a banda sonora era un incombustible equipo de música que acompañaba as horas
mentres o vía traballar. Inqueda, con 5 anos comeza a experimentar coa música, e dende os 8, o
violonchelo convértese no seu eterno compañeiro. Viaxa con el por Europa actuando en fermosos
auditorios coma o Palacio Esterhazy de Viena ou o Palazzo Ducale de Xénova. Na Atenas de Galicia iníciase no acompañamento de recitais de poesía e dende o ano 2010 acompaña á poeta
Carmen Kruckenberg até as súas derradeiras aparicións públicas. Músicas para cinema,
colaboracións con cantautorxs, grupos de folque, e unha morea de experiencias musicais enchen
unha bolsa que, como a de Mary Poppins, parece non ter fin. O violoncello coma unha voz que
fala sen verbas, sen artificios nin pretensións, soando sempre dende o fondo do corazón.

Facebook | Instagram





Yolanda Porto (Ukestra do Medio)
Forma parte da Ukestra do Medio dende 2013, como percusionista e cantante. Na Ukestra toca o cajón e pequenos instrumentos de percusión. Outros proxectos musicais nos que participa son “Lei e Loro” e”El Coro sin Nombre”. Nativa ferrolana, vive entre Compostela e Valdoviño. Profesionalmente dedícase á conservación e restauración de arqueoloxía, arte e antigüidades.

Facebook


Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: